Foto: Edición do ano 2025
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
Data e lugar: O sábado, 3 de outubro de 2026, ás 12:30 horas, na Adega do Pazo dos Ulloa, en Esposende-Ribadavia (Ourense).
Galardoados:
- GRANXA ARQUEIXAL (Santiago de Albá, Palas de Rei, Lugo): Recoñecida polo seu proxecto ecolóxico e de agroturismo, que mantén dende 1989 a tradición queixeira familiar. A súa produción inclúe queixos, iogur natural e leite fresco pasteurizado, e o galego está presente na etiquetaxe, na web, na divulgación e nas actividades de agroturismo. Nas Catas de Galicia de 2025, o queixo Arqueixal conseguiu o ouro na categoría de produción ecolóxica e o Arqueixal curado, a prata.
- ADEGA LAREU, S.L. (Sabadelle, Chantada, Lugo): Distinguida pola súa traxectoria vitivinícola na Ribeira Sacra, conservando unha antiga adega do século XVIII e cultivando variedades como Godello, Treixadura, Mencía, Merenzao, Sousón ou Caíño. O xurado salienta o seu uso continuado do galego desde os anos oitenta na etiquetaxe, imaxe corporativa, web e redes sociais.
Contexto:
A XVIII edición dos Premios Bacelos de Prata coincide co 90 aniversario da creación da UCRA (Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avia), impulsada por Álvaro das Casas Blanco para promover a calidade da produción e a presenza do galego nos viños e licores. O acto de entrega, organizado pola Xunta Directiva da Asociación Álvaro das Casas, contará coa actuación musical da CAPELA MADRIGALISTA de Ourense.
Máis información:
www.galeguizargalicia.gal
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















