O Carballiño, 8 de outubro de 2026
O patrimonio natural e cultural do Carballiño brilla esta fin de semanas no Encontro de Casas Rexionais e Provincias de Sevilla, organizado polo Ayuntamiento da capital andaluza desde mañá ata o luns 12 de outubro. O Lar Gallego de Sevilla, unha das entidades participantes, decidiu adicar o seu stand á vila do Arenteiro.
Deste xeito, os visitantes poderán coñecer as xoias paisaxísticas, gastronómicas e arquitectónicas do Carballiño a través de imaxes, cartalaría e folletos do Parque Municipal, da Festa do Pulpo, do Templo da Veracruz ou da oferta termal do Gran Balneario e Partovia. “É unha honra para nós que o Lar Gallego nos adique o seu stand, polo que pasarán tantas persoas estes días”, resalta Manuel Dacal, concelleiro de Turismo.

















