A I Feira do Mel da Serra do Larouco reúne en Baltar trece expositores e ofrecerá showcooking e desgustación

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Pavillón de Deportes acollerá tamén o 24 de outubro catro charlas sobre apicultura, biodiversidade e cambio climático de apicultores da Limia.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Baltar, a 16 de outubro de 2026

A I Feira do Mel da Serra do Larouco, que se celebra o sábado 24 de outubro no Pavillón de Deportes de Baltar, contará cun programa de charlas centrado na apicultura e no seu futuro. Pola mañá, Manuel Aguiar, de Abellas Nais, ofrecerá un panorama da apicultura no país; a divulgadora medioambiental Xiana Albor falará de apicultura e biodiversidade; e os apicultores Mónica Herrera e José Pazos compartirán experiencias de éxito. Pola tarde, os apicultores Benito Prado e Manuel García abordarán o cambio climático, os lumes e a velutina.

A feira abrirá ás 10.00 horas e retomará a actividade ás 16.00 horas. Contará con 13 expositores, entre eles Apícola RJ, de Xinzo de Limia, e Queixos Gaia, de Vilar de Santos. Ademais da exposición de mel e das charlas, o programa inclúe un obradoiro de mel, un showcooking con degustacións culinarias e unha degustación de mel. O showcooking, na xornada de mañá, estará a cargo do cociñeiro de Baltar José Antonio Lorenzo.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A feira forma parte do ciclo «Os meses do Larouco», impulsado pola veciñanza da serra do Larouco. O ciclo comezou en xaneiro de 2024 e inclúe actividades que van desde a divulgación de valores medioambientais ata propostas deportivas ligadas ao territorio. Pódese consultar a súa traxectoria en https://xurescelanova.fala.gal/etiqueta/os-meses-do-larouco/.

Colaboran: Concello de Baltar, INORDE, Deputación de Ourense, Serra do Larouco e Abellas Nais.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------