O BNG demanda na Deputación de Ourense melloras do entorno termal e arqueolóxico de Aquis Querquennis

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé Manuel Puga e María Mangana, deputados provinciais do  BNG na Deputación de Ourense, dan traslado na comisión de termalismo do ente provincial do mércores 17 de abril, dunha serie de melloras precisas para a zona de “os Baños” no concello de Bande e que comprende o amplo espazo arqueolóxico desde as pozas do mesmo nome, Os Baños, ao antigo campamento romano de Aquis Querquennis, e da que tamén forma parte a Vía Romana XVII ou Vía Nova que unía Braga con Asturias.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xosé Manuel Puga sinala que o BNG considera precisa unha regulación dos usos das dúas zonas que comprende este espazo, tanto a termal como a arqueolóxica. Para que a zona do campamento romano Aquis Querquennis e o seu centro de interpretación Aquae Querquennae sexan espazos habilitados e mellorados para aparcadoiro e estacionamento de autocaravanas, onde xa se atopa a zona de aparcamento. E que a zona do entorno das termas, se dedique e habilite exclusivamente como estacionamento con límite temporal, co obxetivo de servir só de “zona de paso” e para estacionamentos breves.

Pola súa banda, a deputada provincial María Mangana sinalou que desde o BNG reclamamos da Deputación de Ourense que se tomen as medidas oportunas para, diante do comezo da época de maior número de visitas a esta zona, evitar malos usos destes espazos, a termal e a arqueolóxica, coa colocación de paneis informativos dos usos permitidos e autorizados en cada zona, as recomendacións de acceso, unha sinaléptica máis precisa e un control periódico.

Para os nacionalistas sería recomendable dotar o entorno de espazos “integrados” para depositar o lixo, mesmo con compostadores públicos, e unha correcta iluminación na zona de estacionamento limitado. Tamén un correcto acondicionamento do espazo destinado a vestiarios e a colocación dunha fonte auga potable.

 O pequeno aparcadoiro á beira das pozas termais especialmente na temporada estival, sinalan desde o BNG da comarca de Celanova, está a converterse en zona de acampada “ilegal” e mesmo de celebración de eventos que en absoluto son actividades compatibles co uso lúdico/turístico e termal dese espazo. Este uso e abuso irregular provoca na veciñanza inquietude e malestar por ruídos e fogueiras; e no resto do turismo un rexeitamento polo estado de insalubridade en que se atopa moitas das veces.

É a Deputación de Ourense, a través do INORDE, quen está xestionando o Xeodestino Celanova-Baixa Limia e no que a través do Plan de Sustentbilidade Turística, a Deputación inviste un millón e medio de euros, polo quen ten unha unha resposabilidade directa sobre esta situación, sinalan os nacionalistas. 

Desde a organización nacionalista tamén apelan ao resto de administracións implicadas a intervir na mellora do entorno, tanto ao concello de Bande, Confederación Hidrográfica Miño –Sil como a Xunta de Galiza para a mellora dun espazo moi visitado pola veciñanza e tamén por multitude de turistas que van desfrutar e coñecer esa parte da nosa historia, ou desfrutar das augas termais e na que a situación de contaminación do encoro das Conchas aínda non se abordou axeitadamente.