O PSOE de Beade preguntalle ao alcalde si xa abonou as débedas pendentes coas arcas municipais

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O PSdeG-PSOE de Beade a través da súa voceira Carmen Rama preguntou no último pleno celebrado recentemente no concello sobre as débedas que o actual alcalde do PP Fernando Taboada Guntín tiña contraídas co propio Concello de Beade segundo a publicación oficial do BOP no ano 2022 relacionadas con exercicios anteriores.

Tal e como recolle a propia publicación do 7 de novembro de 2022 na súa páxina 13 aparecen os datos do actual alcalde cunha débeda de 536,57€ e onde este listado publicado está fundamentado “de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e logo de intentarse a notificación ao interesado ou ao seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables ao Servizo de Recadación da mancomunidade, comunícaselles a través da publicación deste anuncio no BOP de Ourense que se atopan pendentes de notificar os actos dos que o número de expediente, DNI, contribuínte, domicilio fiscal e débeda total se relacionan seguidamente”.

Logo da falla de respostas concretas por parte do alcalde sobre a situación na actualidade sobre a débeda publicada que sumada a de Irene Alvarez situanse preto dos 800€, e ante a insistencia da portavoz e concelleira socialista Carmen Rama a única resposta conseguida e pola cal a representante socialista solicitou a súa inclusión na acta plenaria foi “eu teño débedas como calquer persoa e pago cando podo, e ademáis gústame pagar con recargo”.

A formación socialista en Beade considera estas manifestacións unha falta de repecto total a todo o municipio de Beade e a propia Corporación Municipal. Lembran que cada veciño e veciña tanto deste concello como de calquer outro deben estar ao corrente coas administracións, e no caso de solicitar algunha axuda ou subvención é requisito indispensable a inexistencia de débedas para poder acadala.

Dende o PSdeG-PSOE de Beade insisten en que o alcalde debe dar explicacións claras e convincentes a o pobo de Beade sobre a situación na que se atopa actualmente esta cuestión plantexada en sesión plenaria e no caso de que ainda non se teña resolta asumir as responsabilidades políticas necesarias xa que a persoa que dirixe esta administración local debe ter un comportamento exemplar.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------