O concello recibe ás xogadoras do Ribadavia Atlético Feminino

O Concello de Ribadavia, quixo apoiar onte ó Ribadavia Atlético Feminino, que quedaba onte 0-3 fronte ó Envialia Ourense. A segunda clasificación aseguran dende o concello é un orgullo e por elo quixeron recibilas como se merecen hoxe nas dependencias municipais.

Neste acto, a alcaldesa, Noelia Rodríguez, quixo lembrar os escollos que aínda teñen que sufrir as mulleres a pesar de estar cada vez máis presentes no eido laboral e no deportivo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por iso, destacou que é importante facer un chamamento ás escolas e diferentes institucións deportivas e que traballar en igualdade é básico desde idades temperás, e que se remate cos estereotipos de xénero.

COMUNICADO CONCELLO DE RIBADAVIA

Cada día son máis as mulleres que practican deporte e as que acadan logros deportivos. 

Hoxe en día, ainda sigue presente a desigualdade, non só no ámbito profesional, senón no deporte. As barreiras que poden atoparse as mulleres son en parte debido aos prexuizos sociais, os cales comezan en idades temperás donde se inculca ás nenas non practicar certo tipo de deportes “pouco femininos”.

As barreiras para que o talento feminino se poidan levar a cabo son moitas; desde os medios de comunicación, no que poucos son os xornais que poñen de  noticia de cabeceira  logros dun equipo feminio,  patrocinios, clausulas de embarazo ademais de insultos machistas nas canchas. 

É importante facer un chamamento ás escolas e diferentes institucións deportivas, traballar en igualdade é básico desde idades temperás, no que se remate cos estereotipos de xénero, esas normas “non escritas” sobre o que corresponde e se considera apropiado ou non. 

O deporte é importante e non debe estar determinado polo sexo dunha persoa.  

Por todos estes motivos, o Concello de Ribadavia, quixemos apoiar a estas campionas na final da liga 20-21 e ecibilas como o que son; unhas loitadoras que nas pistas nas que se enfrontan levan e defenden  o nome de Ribadavia. A segunda clasificación é para nós un orgullo e por elo quixemos recibilas como se merecen.