Primeiro paso para a recuperación da memoria das mulleres que penaron no cárcere de Celanova entre 1936 e 1938

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

En recoñecemento das mulleres que perderon a súa liberdades neste lugar, vítimas dun fascismo que se levantou militarmente en contra do goberno lexítimo da II República.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Polas esquecidas, que batallaron en prol da xustiza social, polas silenciadas que soñaron con acadar os dereitos do Pobo Galego.

Ás nenas e nenos que aquí sufriron prisión xunto a súas nais.

Ás que morreron e ás que lles roubaron o futuro.

Este lugar, invisíbel coma elas, foi prisión de mulleres entre xullo de 1936 e abril de 1938.

…somos lilas, terra de chuvia marcadas en negro

xa choramos moito sangue polos poros, sobra

a media luz rematou o silencio… (Rochi Nóvoa)”

Esta é a inscrición que figura na placa que o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, coa colaboración do Concello de Celanova, colocou hoxe no edificio da Praza das Pitas (Praza de Cervantes) ao inicio da Rúa Curros Enríquez, que foi cárcere de mulleres entre agosto de 1936 e abril de 1938.

A placa foi descoberta polas familias de María Del Valle Lozano e Salud Torres Díaz, dúas das vítimas que aquí penaron antes de seren asasinadas en Xinzo, nun acto que contou coa presencia dos colectivos de memoria da provincia, o alcalde de Celanova, Antonio Puga, e a concelleira de igualdade. Rochi Nóvoa deu lectura ao seu poema Lilas, onde se colleron os versos do texto. A presidenta do Comité, Celia Inés Feijóo Soto dixo que “o significado fondo e imperecedoiro” do acto era “traer á luz neste espazo os nomes de 100 mulleres cuxo sufrimento foi tapado, agochado, e ignorado nun intento de somerxelas para sempre no esquecemento. Mais aquí están, de volta”.

O Comité, da man das familias e coa axuda do goberno local, da así o primeiro paso na recuperación da memoria da represión sobre as mulleres ourensás durante a guerra civil e a ditadura, sinalando o espazo onde se habilitou o primeiro centro de represión de mulleres tralo golpe de Estado de 1936. O edificio é ademais un novo Lugar de Memoria sinalado en Celanova.

O Comité iniciou en marzo deste ano esta liña de traballo coa organización das primeiras Xornadas de Memoria e Muller en Celanova, que onte tiveron continuidade e atenderon xa ao contexto ourensán coas conferencias de Rosa Cid Galante sobre a represión sobre as mestras da comarca de Celanova, e de Julio Prada, sobre a historia de represión sobre as mulleres na provincia, nun acto previo que se celebrou na Casa do Concello de Celanova en presencia do alcalde e membros da corporación para poñer de manifesto o compromiso da institución municipal coa recuperación da memoria.