O concello do Carballiño recibe ós mozos do Club Ciclista con mellores resultados no 2022

O alcalde, Francisco Fumega, e a concelleira de Deportes, Silvia Baranda, recibiron aos mozos deportistas do Club Ciclista Carballiño que acadaron os mellores resultados na tempada 2022: Miguel Panadeiros, Alex García e Marcos Rodríguez.

Os tres mozos recibiron unha especial felicitación da concelleira de Deportes polo esforzo realizado. O alcalde lembrou a aposta do Concello polo deporte base e recoñeceu que no caso do ciclismo, os adestramentos fanse nunhas instalacións precarias en Pena Cobertoira.

AVANTAR ACTIVIDADES