O Carballiño. Despois de varios días deixando pistas, chegou o momento de desvelar todos os detalles. O Días Locos Shopping Day chega ao Carballiño cunha xornada chea de compras, animación, premios e actividades para todos os públicos. Un total de 35 comercios participantes ofrecerán promocións e ofertas especiais para dar a benvida ao verán e seguir impulsando o comercio local.
Compras con premio
Durante a xornada sortearase un total de 200 € en vales de compra, que se repartirán en 4 vales de 50 € cada un. Para participar no sorteo, os clientes só teñen que mercar nalgún dos establecementos participantes, cubrir a súa papeleta e depositala na urna que estará situada no stand do Carballiño CCA na Praza Maior.
Animación e actividades nas rúas
O Shopping Day estará acompañado dunha completa programación deseñada para crear un gran ambiente nas rúas do Carballiño. Entre as actividades destacan:
- Música polas rúas a cargo do Coro Harmonía.
- Exhibición do Grupo de Baile Moderno do Centro Sociocomunitario.
- Inchables para os máis pequenos, que estarán instalados na Praza Maior e na Pista Vermella.
Desde o Centro Comercial Aberto (CCA) do Carballiño convidan a toda a veciñanza a sumarse a esta iniciativa, gozar das actividades ao aire libre e aproveitar as ofertas para apoiar o tecido comercial da vila.
Carballiño CCA
















