O sábado 31 de outubro, día de Samaín , tes unha cita con OZOCOgz, Dar Trela Teatro e Arantza Portabales no Muíño do Anxo, no Parque Etnográfico do Arenteiro (O Carballiño), para falarmos de literatura.
O evento terá lugar ás 19:00 horas. Durante a actividade, Arantza Portabales presenta Asasinato no Muíño do Cura», un thriller apaixonante e cheo de misterio dende o comezo até a derradeira páxina.
Non podes perder esta actividade na que, nunha data tan especial, todo pode pasar. A entrada está aberta a todos os amantes da literatura e do misterio.
















