O grupo Catro Gatos representa “Encrobas” este domingo no Auditorio do Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A XIX Mostra de Teatro Amador ‘Terras do Orcellón’ continúa este vindeiro domingo, 1 de novembro, no Auditorio Manuel María do Carballiño coa representación, ás 20,00 horas, da montaxe “Encrobas”, a cargo do grupo Catro Gatos da localidade coruñesa de Bergondo.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta agrupación teatral trae ao festival carballiñés unha peza de teatro documental e de creación colectiva, “Encrobas”, que revive un episodio clave da loita social en Galicia: a resistencia labrega no val das Encrobas durante os anos 70 fronte á expropiación forzosa das súas terras por parte do estado franquista e da empresa FENOSA.

A obra mestura testemuños reais, ficción especulativa e recursos audiovisuais para ofrecer unha proposta escénica dinámica, emotiva e con forte carga política. A través do humor, e emoción e a memorias colectiva, “Encrobas” conecta pasado e presente, facendo reflexionar sobre o impacto do progreso, a loita polo territorio, a forza do colectivo e a vixencia destes conflitos na actualidade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------