O PSdeG-PSOE desminte rotundamente que xa teña nomeada unha candidatura á Alcaldía do Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño vén de emitir un comunicado no que desminte categóricamente informacións feitas públicas esta mañá por dous medios de comunicación. Este é o contido da nota remitida por agrupación socialista:

“Ante a información divulgada hoxe por Televisión Carballiño e Radio Carballiño, desde a Agrupación Local do PSdeG-PSOE manifestamos que:

  • É rotundamente falso que o PSdeG-PSOE do Carballiño ou o provincial teñan tomado ningunha decisión con relación á persoa que
    encabezará a candidatura que concorrerá ás próximas eleccións municipais.
  • A agrupación local abordará, como moi pronto, despois do 29 de novembro, xunto coa militancia da vila e as direccións provincial e
    galega, a designación do candidato ou candidata á Alcaldía do Carballiño.
  • No plano orgánico, as próximas eleccións xerais son agora mesmo o único que nos preocupa e ocupa e o que concentra todos os nosos
    esforzos polo moito que nos xogamos de cara ao noso futuro e ao mantemento do estado de benestar.
  • En paralelo, e no plano executivo, a nosa dedicación é absoluta ao goberno municipal do Carballiño, que, pese a unha oposición
    destrutiva, contribúe cada día e dentro das súas competencias á mellora da calidade de vida dos carballiñeses e carballiñesas, así
    como dos servizos públicos.
  • Diego Fernández, ao igual que outros compañeiros e compañeiras da Agrupación Local, sería un magnífico candidato, pero neste momento,
    reiteramos, non hai ningunha decisión tomada. En calquera caso, sí estamos en disposición de garantir que presentaremos a mellor
    candidatura posible, coas persoas máis capaces e pensando única e exclusivamente nos intereses dos veciños e veciñas da nosa vila.
  • Como ben sabe toda a veciñanza, a credibilidade de Televisión Carballiño e Radio Carballiño é igual a cero despois de que se puxese
    ao servizo exclusivo dun partido político e da ambición persoal do seu responsable”.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------