O grupo municipal de Espazo Común do Carballiño pon de manifesto a súa sorpresa pola proposta de orzamentos do Concello que presenta o equipo de goberno (PSdeG-PSOE e PP) para o vindeiro exercicio económico de 2027. Así, apuntan que “o retroceso deste pobo é tal que agora temos que ver como ambas formacións propoñen para o pleno deste mércores a aprobación dun orzamento para o 2027 sensiblemente inferior ao anterior do ano 2025”.
“Dos 11.240.000 euros que había, imos pasar a 10.180.000 euros, o que supón, coas matemáticas na mán, un descenso que se aproxima ao 10% e supera o millón de euros menos”, concretan.
Dende Espazo Común engaden que “o catastrófico período deste goberno despois do pacto contranatura que asinaron no 2024 chega ao seu fracaso máis estrépitoso cunhas contas restritivas que significarán, na práctica, unha maior merma de servizos aos cidadáns e un maior deterioro das infraestruturas, moitas delas xa en moi mal estado”.
“Namentres tódolos concellos presentan orzamentos á alza e anuncian novos proxectos, no Carballiño a situación é absolutamente insostible”, conclúen.
















