Maside contará cun punto limpo móbil antes de final de ano

O concello de Maside contará para finais deste ano cun vehículo punto limpo móbil grazas á colaboración da Consellería de Medio Ambiente. Este equipamento permitirá actuacións en materia de recollida de residuos, pretendendo fomentar o tratamento cidadán daqueles refugallos que non entran dentro das categorías de lixo establecidas. Trátase dunha estratexia para potenciar a reciclaxe, valorizar o lixo e reducir o impacto medioambiental dentro do compromiso que ten o concello ó asinar o Pacto de alcaldes para o Clima e a Enerxía.

Búscase a implicación dos veciños, realizando dende o concello tamén iniciativas de sensibilización. Os cidadáns dos diferentes núcleos que compoñen o municipio poderán depositar aparatos eléctricos, pilas e baterías, lámpadas, roupa e calzado, aceite, tonners de impresoras, mobiles e cables e electrodomésticos grandes e pequenos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A financiación da Xunta de Galicia será do 79%, aportando maís de 57.000 euros, e o concello aportará os 15.000 restantes.