O BNG pefílase como representación no Congreso e o Senado para defender os intereses de Galicia

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O candidato ao Senado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) por Ourense, Bernardo Varela, acudíu ao Carballiño en representación dos seus compañeiros e compañeiras que figuran nas listas presentadas ás Cortes Xerais pola provincia. Na carpa instalada na céntrica rúa Mosquera estivo acompañado por militantes nacionalistas da comarca, o histórico José Luis Pérez, “Ficol”, entre eles.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Varela lembrou o papel xogado por Néstor Rego no Congreso dos Deputados nesta pasada lexislatura, e avogou por “unha meirande representación do BNG nos órganos lexislativos do Estado para a que as galegas e os galegos teñamos unha voz na defensa dos nosos intereses”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------