“Nin mal menor nin mal maior: aquí está o BNG” di Presas, que chama a mobilizarse este 29N en Ourense

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A cabeza de lista do BNG chama a concentrar o voto na papeleta do BNG para “facer historia” e conseguir o primeiro escano no Congreso

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Impulsar Ourense, fronte a anos de abandono das forzas estatais que se foron intercambiando os escanos, ese é o noso obxectivo” subliña

Ourense, 22 novembro 2026. A candidata do BNG ao Congreso por Ourense, Noa Presas, chamou durante o encontro mantido coa veciñanza de Ribadavia a mobilizarse este 29N e concentrar o voto na papeleta nacionalista para conseguir o primeiro escano do BNG no Congreso. “Nin mal menor nin mal maior: aquí está o BNG” afirmou, reivindicando que a cidadanía ourensá ten unha alternativa propia, con capacidade para defender os seus intereses e conseguir avances concretos.

No encontro coa veciñanza de Ribadavia tamén interviñeron os candidatos do BNG Bieito Conde e Madalena Souto.

Presas subliñou que estas eleccións representan unha oportunidade histórica para abrir unha nota etapa e deixar atrás décadas de alternancia das forzas estatais sen que Ourense consiga a atención que precisa. “Impulsar Ourense, fronte a anos de abandono das forzas estatais que se foron intercambiando os escanos, ese é o noso obxectivo” destacou.

“Non podemos resignarnos a escoller entre o mal menor e o mal maior. Ourense necesita unha voz propia, libre e sen ataduras, que non vaia a Madrid a obedecer os intereses de ningún partido estatal, senón a defender os intereses da nosa xente” reivindicou, sinalando que en Ourense hai unha alternativa clara: “aquí está o BNG”.

A cabeza de lista incidiu en que o primeiro escano do BNG no Congreso por Ourense será unha ferramenta ao servizo da cidadanía para levar as reivindicacións do territorio ás institucións do Estado e transformalas en compromisos, investimentos e melloras. “Non queremos un escano para ocupar un asento, queremos un escano para conseguir resultados: mellores infraestruturas, servizos públicos fortes, emprego, oportunidades para a mocidade e futuro para o rural” explicou.

Presas chamou a aproveitar a campaña electoral para mobilizar a todas as persoas que queren un cambio e que consideran que Ourense merece moito máis. “Estamos ante unha oportunidade histórica. Cada voto conta e cada persoa que se suma a este proxecto axúdanos a facer posible o que durante moito tempo nos quixeron facer crer que era imposible” sinalou.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A candidata tamén reivindicou a utilidade política do BNG, unha forza que negocia desde a defensa dos intereses galegos e que demostrou que ter voz propia permite conseguir avances. “Cando hai un BNG forte, Galiza gaña. E queremos que ese mesmo resultado chegue tamén a Ourense, que deixe de quedar á marxe das decisións e pase a ter quen defenda os seus intereses con firmeza” manifestou.

Finalmente, Presas apelou á participación e á confianza na candidatura nacionalista para converter o desexo de cambio nun resultado nas urnas. “Este 29N temos que facer historia. Non hai que resignarse nin conformarse co que outros decidan por nós. Aquí está o BNG, aquí está a alternativa para que Ourense conte e comece a gañar” concluíu.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------