Hoxe visitou O Carballiño Alberto Núñez Feijóo, actual presidente da Xunta de Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Feijóo pide aos galegos  que se unan nas urnas para poder avanzar catro anos xuntos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Propón que a nosa Sanidade pública complete a renovación dos hospitais e a tecnolóxica así como os novos servizos que puxeron en marcha

AUDIO

  • Di que o que precisa Galicia é un goberno unido, cun programa para aplicar desde o primeiro día, e que resolva problemas en lugar de crealos

Subliña que votar PPdeG é votar goberno, programa, xestión e a defensa dos intereses xerais dos galegos

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu que os galegos se unan nas urnas o próximo 12 de xullo para avanzar xuntos durante os próximos catro anos. E resaltou que, se non votamos e temos que esperar a que o Goberno se una despois dos comicios, Galicia “non soportará esa fragmentación”.

Tras subliñar que todo está preparado para votar con total tranquilidade, destacou a importancia de facelo polo que a Comunidade ten por diante, xa que nada está decidido. “Veño pedirvos o voto co aval do feito, para poder abordar todo o que aínda queda por facer; para unha Galicia na que se pode confiar, estable, que non perda a perspectiva e que estea ao que hai que estar”. “E pido o voto -engadiu-para que Galicia vaia unida cara adiante e non se fragmente”, dixo.

O PPdeG PROPÓN

Durante un mitin no Carballiño, o presidente afirmou que os populares propoñen que a nosa Sanidade pública, a que mellor funcionou esta pandemia, complete a renovación dos hospitais e a tecnolóxica así como os novos servizos que puxeron en marcha.

Do mesmo xeito, avogou por unha Educación Pública que siga obtendo os mellores resultados da súa historia; por un Goberno autonómico que continúe apoiando ás familia, aprobando novas medidas de respaldo ás nais e pais; multiplicando os servizos aos maiores; e por unha Galicia que, tras recuperar o saldo migratorio positivo, dea máis oportunidades para os mozos.

Así mesmo, propuxo que a Galicia do mar, que xa é líder no sector, reforce os seus liderados e o benestar dos que o traballan nel; que o rural de toda España onde menos impostos se paga sexa o medio de vida para cada vez máis galegos; que os nosos produtos sigan sendo recoñecidos no mundo pola súa calidade; e que a Comunidade volva pronto ás cifras de récord en exportacións destes anos, e incluso as supere.

CUMPLIR COS COMPROMISOS

Durante a súa intervención, Feijóo aclarou que ao longo destes anos nunca fallou ao seu compromiso con Galicia: “O meu compromiso vital é Galicia”, porque, tal e como salientou, sempre fixo o que dixo que faría.

Neste sentido, insistiu en que fai sempre todo o posible pola nosa Comunidade, pedindo o voto para que teñamos un Goberno e un presidente libres, que só se deban a cumprir cos seus compromisos.

BO PARA GALICIA

Feijóo admitiu que non é bo para Galicia un goberno que renuncie aos seus compromisos só para poder ser Goberno, que non se entenda entre si, que non teña programa; así como tampouco é bo para a nosa comunidade, salientou, que os intereses xerais se sometan á chantaxe de partidos con intereses minoritarios nin adoptar derivas doutras Comunidades onde se fragmentou a sociedade. Pola contra, sinalou que o que precisa Galicia é un goberno unido, cun programa para aplicar desde o primeiro día, que resolva problemas en lugar de crealos e que goberne.

Por este motivo, dirixiuse aos que prefiren este executivo estable e este presidente para que vaian votar e non esperten o luns 13 co goberno que non querían; e tamén pediu aos votantes doutros partidos que non queden na casa se non están conformes con que a Galicia a goberne un multipartito.

Como lembrou, os populares coñecen o que é gobernar e o que é enfrontarse a dificultades, do mesmo xeito que “os galegos coñecen esta Xunta e me coñecen a min”. “Saben -continuou- que se confían en nós, o seu voto acaba nun goberno concreto, nun programa e en xestión, que por riba de calquera outra cousa están os intereses xerais e que por diante de todo está Galicia”.