Os senadores do PP de Ourense reclaman ó goberno melloras no servicio ferroviario

Foto Antigua-Estación de tren do Carballiño.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os senadores ourensáns Jesús Vázquez Abad, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández rexistraron unha nova moción (a terceira xa sobre este asunto, ademáis dunha interpelación ao ministro de Transporte), así como unha nova batería de preguntas escritas (xa estaban rexistradas máis de 30) que reclaman que se corrixa dunha vez o agravio que están a sufrir os usuarios do ferrocarril en Galicia e máis concretamente, na provincia de Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“É evidente que para o Goberno de Sánchez, a mellora e o mantemento dos servizos ferroviarios en Ourense non é a súa prioridade. Máis ben todo o contrario: están desmantelando a pasos axigantados todo o que antes funcionaba sen dar opción alguna aos usuarios deste servizo público, e os datos así o amosan”, din os senadores ourensáns.

A moción, presentada polos senadores ourensáns ante a Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, pide un acordo moi concreto:

Instar ao Gobierno a realizar un plan de traballo urxente que permita repoñer e mellorar a situación do transporte de viaxeiros por ferrocarril de Galicia, tanto no que afecta ao usuario dentro da propia comunidade autónoma galega, con especial reforzo na “Galicia interior”, coma no resto de España, incidindo especialmente na mellora de servizos, frecuencias e tempos de viaxes máos competitivos con Madrid, Barcelona, Bilbao e o Sur de España.

Argumentan os senadores ourensáns no texto na exposición de motivos da moción que q estratexia que está a levar a cabo RENFE con respecto á súa política comercial, tanto en Galicia como en Ourense en particular, está a levar á perda do liderado do tren como medio de transporte preferido polos galegos para viaxes de longo percorrido. A diminución da oferta, que afecta tanto as frecuencias como ao número de prazas, -tanto previo á situación xerada pola COVID-19, como posteriormente ao estado de alarma-, así como a mala planificación dos horarios que non se adaptan ao perfil do usuario tipo do tren en Galicia, están a provocar que, tras anos de crecemento que levaron á estación de Ourense- Empalme a liderar o crecemento do número de viaxeiros desde o ano 2008 ata o ano 2018, o número de usuarios sexa agora residual.

A única dispoñibilidade dos chamados “trens ríxidos” fai que non se poida incrementar ou adaptar a oferta en cada momento e, por tanto, resulta inflexible ao non permitir ampliar a oferta de cada traxecto (non existe dispoñibilidade de novos trens); como si permitía o tren convencional, ao cal se lle podían axustar novos módulos ou vagóns.