O CHUO cancela as operacións non urxentes para alviar a carga do servizo asistencial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A actual ocupación das camas de críticos, tanto de pacientes covid como non Covid, así como o número de pacientes en planta, susceptibles de requirir atención intensiva, mantén unha alta ocupación de pacientes críticos, o que aconsella limitar a actividade cirúrxica programada, para asumir  con seguridade a atención cirúrxica urxente, preferente, oncolóxica.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A actividade cirúrxica programada demorable estase adiando, ou ben substituindo por procesos que non requiren de Coidados intensivos postcirúrxicos nin estanza hospitalaria, para salvagardar a capacidade de ingreso en previsión das necesidades derivadas da actual situación e do reponte de ingresos habituais neste período do ano.

A volta a programación ordinária dependerá da evolución da pandemia en Ourense, que neste intre atende a mais da cuarta parte de pacientes contaxiados de Galicia, cos seus principais núcleos poblaciónais en nivel 3, con restricións de mobilidade e reunión

A PROVINCIA DE OURENSE REBAIXA OS CONTAXIOS, CON 76 NOVOS NA XORNADA DE HOXE

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 1.489 (-5) casos activos de coronavirus, cun descenso nos contaxios nesta xornada, que pasa dos 94 de onte ós 76; do total, 120 (-5) están ingresados, 15 (-1) están na UCI.

GALICIA SUPERA XA OS 5.600 CASOS DE CORONAVIRUS, CON MAIOR INCIDENCIA NA PROVINCIA DE OURENSE

Galicia alcanza na xornada de hoxe os 5.675 casos activos de coronavirus, cas cifras máis altas de contaxio na provincia de Ourense. Do total de pacientes positivos, 48(-1) están en UCI, 317 (+23) en unidades de hospitalización. Rexístranse 847 (+11) falecementos.