Deputación, Abanca e Concello de Pereiro de Aguiar cooperan no apoio á natalidade

Sinatura convenio entre a Deputación Ourense, o Concello de Pereiro de Aguiar e Abanca para o desenvolvemento do programa “Benvido ó Pereiro”. No Despacho Presidente asinan Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense), Luis Menor Pérez (Alcalde do concello de Pereiro de Aguiar) e Ruben Saavedra Pedreira (Xefe Terrirorial de Abanca en Ourense).
----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A tarxeta “Benvido a Pereiro” vai na liña da axuda que o goberno provincial desenvolve desde 2014 coa tarxeta “ChegOU”; o obxectivo é apoiar ás familias empadroadas no concello para mercar material en farmacias e parafarmacias destinado a nenos nacidos entre 2018 e 2020

O presidente da Deputación, Manuel Baltar; o delegado territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, asinaron hoxe no Pazo Provincial dous convenios de colaboración para cooperar no apoio da natalidade neste municipio da provincia de Ourense.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trátase da tarxeta “Benvido a Pereiro”, que vai na liña da axuda que o goberno provincial desenvolve desde 2014 coa tarxeta “ChegOU”, e que ten como obxectivo apoiar ás familias empadroadas no concello para mercar material de farmacias e parafarmacias destinado a nenos nacidos entre 2018 e 2020. Desta maneira, Pereiro de Aguiar pon en marcha, un programa de subvencións para a concesión de axudas económicas as persoas que entre eses anos tiveran un fillo, ou constituído tutela ou adopción dun neno. Para o acceso á axuda é preciso que o solicitante conste empadroado no Concello de Pereiro cunha antigüidade mínima dun ano, e  que tamén conste inscrito o menor.

Abanca colabora na instrumentalización da axuda económica prevista no programa “Benvido a Pereiro” e asume a efectividade do pago ás familias a través da carga da tarxeta. O concello será titular das tarxetas solicitadas á entidade e remitirá as mesmas ás familias e ás instrucións para a súa activación, informando das condicións de uso, mentres que a Deputación de Ourense, na súa labor de asistencia a municipios, poñerá a disposición do concello os mecanismos e instrumentos operativos máis acaídos para que este programa se desenvolva de forma eficaz e fluída.

A tarxeta poderá ser utilizada en calquera establecemento afiliado ou adherido ao sistema que empregue a tarxeta, encadrado baixo os sectores de actividade e categorías comerciais de medios de pago correspondente aos establecementos que estipula o acordo.

No marco deste programa, A Deputación de Ourense e o Concello de Pereiro de Aguiar asinaron tamén un convenio de colaboración para a mellora da atención á cidadanía a través da redución da carga administrativa e de prazos de resposta no programa “Benvido a Pereiro”. Neste sentido, coa finalidade de simplificar o acceso ás subvención do programa ChegOU e da tarxeta “Benvido a Pereiro”, ao seren compatibles entre si, Deputación e Concello consideran que os beneficiarios do programa ChegOU nos anos 2018, 2019, e 2020 no concello de Pereiro de Aguiar, acreditan os requisitos esixidos polo concello para o acceso a subvención “Benvido a Pereiro”, sen que sexa preciso aportar, por parte da persoa solicitante, documentación algunha para acreditar este feito. O acorto contempla tamén achegar o acceso a esta liña de axudas a todas aquelas persoas que foron xa beneficiarias do programa ChegOU da Deputación no Pereiro de Aguiar e que poden estar en situación de acceder as agora reguladas polo concello.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------