Desinfección con ozono no parque móvil de Carballiño, Boborás e Cea

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O PARQUE MOBIL DO CARBALLIÑO, BOBORÁS E SAN CRISTOVO DE CEA RECIBIU ESTE SÁBADO UNHA DESIFECCIÓN INTEGRAL CO GAS OZONO

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este sábado pola mañá, os vehículos municipais que se empregan para as tarefas propias desta crise sanitaria, así como os vehículos do parque de bombeiros do Carballiño-Ribeiro, os de protección civil e os das forzas e corpos de seguiridade do estado foron desinfectados mediante ozono para unha maior seguridade. O Servizo Provincial de Emerxencias de Ourense implementou un punto de desinfección nas cabeceiras de comarca. Así entón, a desinfección realizouse na sede do Grupo Municipal de Emerxencias e Protección Civil que se atopa na explanada da estación do Adif no Carballiño, onde se achegaron efectivos tanto do Carballiño como de Boborás e Cea.

Os bombeiros emitiron un comunicado nas redes sociais para agradecer a empresa INFOR SONIC o seu labor desinteresado de desinfección con ozono da súa dotación de vehículos. Din que esta tecnoloxía con gas Ozono, é un dos mellores métodos de desinfección e foi usado con anterioridade noutros parques de bombeiros ou corpos de seguridade.

Nesta ocasión a máquina de desinfección é dunha empresa privada pero o concello do Carballiño ven de anunciar a adquisición dun xenerador de ozono para os vindeiros traballos. Iso contribuirá a mellorar a desinfección de vehículos durante o estado de alarma.

VIDEO

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------