O ApartaHotel Arenteiro, un dos seis adheridos do Carballiño o bono turístico #QuedamosenGalicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende hoxe, todos os galegos poden solicitar o bono tarxeta turística #QuedamosenGalicia que se poderá empregar en ofertas e paquetes publicados polos establecementos adheridos. Preto de 700 empresas xa se uniron a esta iniciativa, o que supón un 24% máis que na primeira convocatoria. Poderán solicitar o bono as persoas maiores de idade, empadroadas en calquera concello galego e que non se beneficiaran da primeira convocatoria.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Deberán escoller entre tres importes da tarxeta dos que a Xunta financiará o 60% cunha aportación máxima de 300 euros e o solicitante o 40% restante.

  • Bono de 250 euros. A Xunta aporta 150 euros e o particular 100 euros.
  • Bono de 37 euros. A Xunta aporta 225 euros e o particular 150 euros.
  • Bono de 500 euros. A Xunta aporta 300 euros e o particular 200 euros.

Na comarca do Carballiño están adheridos seis establecementos, entre eles, o ApartaHotel Arenteiro, no centro do Carballiño e con catro estrelas. Tamén atopamos o Hotel Derbi e xa en Boborás, o Pazo da Almuzara, a aldea rural de Pazos de Arenteiro e a Casa Anxeliña; e en Beariz, Casa da Laxa.

No Ribeiro atopamos, entre outros, o Balneario de Arnoia e o Balneario de Laias Caldaria.