
A comunidade galega rexistra hoxe 963 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende con respecto ós últimos días aínda que segue a ser preocupante. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 11.086, unha cifra que ascende en mais dous milleiros de casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 21 (+7) están en UCI, 119 (+37) en unidades de hospitalización.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta unha cifra similar á de onte. A provincia rexistra hoxe 109 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben ata os 2.014 casos activos. Os hospitais hoxe presentan un ascenso. Contamos con 15 (+11) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (+1) na UCI.