O concello cambia a celebración da Festa do Pulpo por unha semana gastronómica na vila entre o 3 e o 9 de agosto, co pulpo á feira como protagonista
A Festa do Pulpo do 2020 non se celebrará como anos anteriores, senón que se cambia por unas xornadas gastronómicas na vila entre o 3 e o 9 de agosto, nas que o protagonismo seguirá recaendo no pulpo ao estilo feira, con pulpeiras polas rúas e con degustacións nos bares, mesóns e restaurantes do casco urbano, que ofrecerán un menú típico da Festa do Pulpo.
VIDEO
O concello mantivo varias reunión cos pulpeiros e hosteleiros para organizar estas xornadas. Recoméndase que nos establecementos hostaleiros da vila se fagan reservas previas para calquera día da semana, sobre todo o venres, 7 de agosto, o sábado, 8 de agosto, e o domingo, 9 de agosto.
O concelleiro de Turismo Manuel Dacal falou de cómo será o funcionamento desta festa, descando que terá un formato similar ó día da cachucha, e de se continúa a traballar no título de internacionalidade da festa.
Non haberá actividade no parque municipal, nin actos que supoñan masificación, como tampouco terá lugar ningún dos actos programados nos anos anteriores, como son a elaboración da tapa xigante de pulpo, nin a Festa das Camisetas, entre outros.
Quedará totalmente prohibido a instalación de barras no exterior dos locais ou de columnas de sonido e a Policía Local velará polo cumprimento desta prohibición, así como de que se organicen “botellóns” pola mocidade, que non se permitirán en ningún caso.
Manuel Dacal pide sensatez ós visitantes e os locales hosteleiros e asegura que dende o Concello tamén se visilará o cumprimento das normas.
Durante esa semana tamén haberá actos culturais de pequeno formato, coma cine, teatro e música, con preponderancia dos grupos locais, tanto infantís como para dultos, con aforo limitado a 150 persoas, que terán lugar na Praza Maior, no entorno da Veracruz e na explanada do Parque Municipal, e nos que se cumprirán estrictamente as medidas de separación e prevención sanitaria establecidas.