Ourense cidade, Carballiño e Avión baixan a nivel medio de restricións

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A quinta onda xa comeza a reducir o seu impacto de xeito notable. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinalou que a incidencia está en tendencia á baixa, chamando a seguir cumprindo cas normas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na nosa contorna, a cidade de Ourense, O Carballiño e Avión baixan do nivel alto ó medio. Isto supón un 50% de aforo interior e exterior, e peche á 01:00 horas sen admitir clientes dende as 00:00 horas e con grupos de máximo seis persoas en interiores e 10 en exteriores. Nos bares e restaurantes non é preciso presentar nin certificado de vacinación nin test negativo (proba diagnóstica de infección negativa nas últimas 72 horas) , pero si para o ocio nocturno, que poderá abrir ata as 03:00 horas. Os establecementos deberán contar cun rexistro con datos persoais: DNI, teléfono e nome. Os aforos serán:

  • En interior:
    • Aforo ó 50% da capacidade máxima permitida.
    • Máximo de 6 personas non conviventes por mesa.
    • Poderase consumir sentado e de pe, pero non en barra. 
  • Nas terrazas ó aire libre:
    • Aforo ó 100% da capacidad máxima permitida.
    • Máximo de 10 persoas non conviventes por mesa.

E por outra banda, Boborás e Beariz, no medio, pasarán o nivel baixo. Todas as medidas entrarán en vigor na madrugada do 14 de agosto.