Armando Ojea, novo membro da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou hoxe a resolución pola que nomea ao deputado provincial de Democracia Ourensana, Armando Ojea Bouzo, membro da Xunta de Goberno da institución provincial. Desta maneira, este órgano queda integrado, ademais de Armando Ojea, por Rosendo Fernández, Jorge Pumar, Plácido Álvarez, Ana Villarino, Luz Doporto, Pablo Pérez e César Fernández. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Baltar afirma que Armando Ojea, desde o inicio deste mandato como vicepresidente da institución, “xa integrou a Xunta de Goberno e agora volve coa estabilidade e a fortaleza do goberno provincial, un goberno que está executando o seu plan de mandato e incrementando a maioría política na cámara de representación provincial nestes pouco máis de dous anos que quedan de mandato para dotala de maior afouteza e estabilidade, que o que pretende a veciñanza de Ourense da súa institución máis importante, a súa Deputación”, expresa o presidente.