A Plataforma pola Defensa do Transporte Público pide explicacións a Adif

A PLATAFORMA POLA DEFENSA DO TRANSPORTE PÚBLICO DO CARBALLIÑO ESIXIRÁ AO ADIF EXPLICACIÓNS SOBRE A NON APERTURA DA XANELA DE VENDA DE BILLETES DA ESTACIÓN E A SÚA INMEDIATA POSTA EN FUNCIONAMENTO

Namentres as de Redondela, Sarria ou Burela xa voltaron á actividade a nosa segue pechada sen máis explicacións ca que abrirá en marzo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nunha reunión da Plataforma pola Defensa do Transporte Público do Carballiño celebrada o pasado sábado na Casa da Cultura, os asistentes acordamos remitir un comunicado público anunciando a intención de dirixirnos ao ADIF para demandar explicacións do que consideramos é, unha vez máis, un trato discriminatorio para co noso pobo, ao manter o peche da xanela de venda de billetes da Estación de  tren.

Así, outras das afectadas en Galicia pola inaceptable decisión de retirarlle este servizo, xa están de novo operativas, ao ser incluídas no acordo asinado entre Teruel Existe e o PSOE para a investidura de Pedro Sánchez. Incomprensiblemente, a do Carballiño e a de Ribadavia voltan a ser as derradeiras nas prioridades dos dirixentes do ente que baixo a batuta do goberno

central toma decisións que, unha e outra vez, son perxudiciais para o noso futuro.

Demandaremos explicacións e esixiremos a súa posta en marcha de xeito inmediato ao igual que se fixo nesas outras localidades.

Dende a Plataforma reivindicamos e reivindicaremos o dereito do Carballiño a un transporte público digno e á altura do que disfruta calquer cidadán doutros puntos do país.

Non imos consentir ser ninguneados por absolutamente ninguén.