O vindeiro 21 de outubro a coordinadora da oficina de información europea para a mocidade na Fundación Galicia Europa, presentará as oportunidades que existen para a mocidade na Unión Europea a través da súa participación en distintos programas de emprego, prácticas e outros proxectos ou actividades cunha dimensión transnacional e pensados para elas/eles.
A continuación, Belén Mendoza, responsable de proxectos europeos na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presentará un dos programas máis exitosos dos últimos anos, o “Programa Erasmus para Emprendedores”, que permite a emprendedoras i emprendedores noveis, aprender en Europa de empresari@s experimentad@s.
Resolveranse tódalas dúbidas e explicaranse os requisitos e condicións de participación no mesmo, tanto para aquelas e aqueles emprendedor@s, ou mesmo xoves con só unha idea de negocio, así como para as empresas ou emprendedores que poidan pensar en acoller persoas emprendedoras de Europa para buscar novas oportunidades de negocio no exterior.
Ademais, o novo emprendedor Álvaro Criado, que ven de Irlanda, e está a facer unha estancia na Bodega Lombre contará a súa experiencia co programa.
A Cámara de Santiago promove este programa en Galicia dende o ano 2015 e ten acompañado xa máis de 130 intercambios, actualmente están arredor de vinte en marcha e conta con máis de 80 empresas galegas rexistradas para acoller emprendedores de 38 países. Como novidade neste último ano os emprendedores poden optar a saír non só a toda Europa senón tamén os novos destinos Global en Estados Unidos, Canadá, Singapur, Corea do Sur, Taiwán e Israel.
O encontro terá lugar na OMIX de Ribadavia (Porta Nova de Abaixo nº9) ás 11:00h.
Para inscribirse e necesario enviar o teu nome, apelidos e número de teléfono o mail omix.ribadavia@gmail.com antes do martes día 19 de Outubro ( como tarde o 19 de Outubro as 12:00 do medio día).