O concello de San Cristovo de Cea aproba os orzamentos con máis de dous millóns de euros

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, quedou definitivamente aprobado o orzamento do concello de San Cristovo de Cea para o exercicio económico 2022 ao non se presentaren reclamacións contra a aprobación inicial, acordada polo Pleno, na sesión ordinaria do 29 de novembro de 2021, así como as bases de execución do orzamento e o cadro de persoal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe estas contas, que ascenden, tanto en gastos como en ingresos, á cantidade de 2.040.000,00 € (dous millóns corenta mil euros). A cada capítulo correspóndenlle as cantidades que se indican a continuación: Gastos de persoal; 890.000,00 €; Gastos en bens correntes e servizos; 426.700,00 €; Gastos financeiros; 10.000,00 €; Transferencias correntes; 144.000,00 € e Investimentos reais; 347.300,00 €.


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV