15 de febreiro: “Día Internacional do Neno con Cancro”

Celebrase desde 2002. O 15 de febreiro conmemórase o Día Internacional do Neno con Cancro, unha data proclamada en Luxemburgo, grazas á Organización Internacional de Cancro Infantil, coa finalidade de crear conciencia e sensibilizar ás persoas sobre unha enfermidade que lamentablemente afecta a moitos nenos e novos.

O cancro infantil, é unha patoloxía que ataca aos nenos en idades moi temperás e o cal consiste nun crecemento anormal de células malignas que se diseminan no interior do corpo. Ata o de agora, non hai maneira de saber que o provoca.

AVANTAR ACTIVIDADES

Máis información en diainternacionalde

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS

15 de febreiro1910
En Varsovia, Polonia, nace Irena Sendler, enfermeira que durante a ocupación alemá do seu país, salvará a 2.500 xudeus nenos do Gueto de Varsovia, de morrer nos campos de exterminio nazis
1874
Nace en Kilkea (Irlanda) o explorador polar británico Ernest Henry Shackleton. Será recoñecido polas súas viaxes ás rexións polares, sendo un dos pioneiros na exploración antártica. Shackleton realizará varias expedicións ao polo sur tratando de cruzar a Antártida dun extremo a outro pasando polo polo, pero xamais o logrará
1710
Nace en Saint-Germain-en- Laye, Francia, Luís XV de Borbón, coñecido como o “Ben Amado”
1564
Nace en Pisa o astrónomo, filósofo, matemático e físico italiano renacentista Galileo Galilei, considerado “pai da moderna astronomía”. Entre os seus logros contaranse a mellora do telescopio como tal, numerosas observacións astronómicas, a lei do movemento uniformemente acelerado e a defensa das ideas de copernicanas.

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

15 de febreiro1905
Morre en Crawfordsville (EE. UU.) o avogado e escritor estadounidense de novelas históricas, Lewis Wallace, autor de “Ben- Hur”, novela publicada por vez primeira en 1880 e levada ao cinema en varias ocasións.

SANTORAL

15 de febreiro Claudio de la Colombière; Saturnino, Cástulo, Lucio, Magno, Ágape, Cástula y Domnina, Faustino y Jovita, mártires; Quinidio, Decoroso, obispos; Severo, presbítero; José, diácono; Eusebio, anacoreta. Santa Faustina.