A Deputación de Ourense participa na X Comisión Plenaria da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O director da Área de Transparencia da Deputación, Marcos Valiño, participou por videoconferencia na X Comisión Plenaria da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes. O encontro tivo lugar no marco do Congreso Digital Tourist 2024 que acolle a cidade de Benidorm, e permitiu aprobar cuestións como as novas solicitudes de adhesión á Rede DTI, así como realizar una análise pormenorizada do estado actual deste órgano. 


A Rede de Destinos Turísticos Intelixentes é unha ferramenta ao servizo da implantación do modelo de Destinos Turísticos Intelixentes e unha iniciativa da Secretaría de Estado de Turismo para fomentar o intercambio de experiencias e coñecemento que contribúa ao desenvolvemento intelixente dos destinos turísticos. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO