Videoconferencia da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asiisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e Vicesecretario da Deputación Ourense).
O Consello de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de 276.000 euros en subvencións para o apoio ao movemento veciñal, cooperación con concellos e entidades culturais.
Aprobaron a adhesión da Administración provincial á declaración institucional da FEMP con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI, ou o vindeiro 28 de xuño. No capítulo de cooperación cos concellos concedéronse 51.000 euros ao Concello de Avión para gastos da escola infantil municipal; 9.000 a Punxín para gastos de bombeo de auga e outros 5.000 para transporte de persoas dependentes; 30.000 euros para a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e 21.000 máis para o mantemento da escola infantil do mesmo municipio e 9.000 para gastos de bombeo de auga en San Amaro.
O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.