Miguel Ángel García, Iván Docampo e Elixio Villaverde son os premiados desta nova edición
No día de onte presentaronse os galardoados dos premios Arenteira 2019 nas inmediacións do Aparthotel Arenteiro. Uriel Bernárdez xerente e coorganizador deste certame de premios, desvelaba así cales son os distinguidos desta edición do 2019.
Da man de Xosé Luis Sobrado, membro do xurado, destacaban que esta oitaba edición é unha das que máis se notou o incremento de participación de asociacións na comarca de Carballiño e o Ribeiro.
Cada ano, a importancia destes premios vai en aumento, xa que como nos falaban, esta edición superou ata un 90 por cento a expectativa dos posibles receptores, sobre todo pola parte da comarca do Ribeiro
Así pois Miguel Ángel García recibirá o galardón Arenteira de Cultura e Ciencia pola sua ampla carreira no Instituto Chamoso Lamas na que ademáis forma parte da estación meteorolóxica que conta a vila do Carballiño. Tamén cabe destacar que Miguel Ángel García foi premio Nacional de Meteoroloxía tal e como nos apuntaba Xosé Luis Sobrado
O Premio Arenteira pola súa carreira deportiva corresponderalle a Iván Docampo, nado en Ribadavia e na que actualmente disputa probas de media maratón a nivel galego e nacional
Finalmente o Premio Arenteira a título póstumo, será adicado a Elixio Villaverde, pola súa labor e tese doutoral de investigación da emigración en México.
A ceremonia de entrega dos premios será o próximo día 29 de novembro no Aparthotel Arenteiro