O BNG alerta dun novo catastrazo en Ribadavia

O BNG de Ribadavia informa de que nestes días estase a producir un envío masivo de revisións de valores das propiedades inmobiliarias ubicadas nas distintas poboacións do concello de Ribadavia por parte do Catastro. Aseguran que nalgúns casos adxudícase un valor dobre á mesma propiedade respecto de 2015.

Dende a formación din que non atopan ningunha xustificación, e afirman que detrás desto virá unha suba abusiva para os contribuíntes (na súa maior parte persoas pensionistas do medio rural), correspondente ao Imposto de Bens Inmobles (IBI), do cal en Ribadavia xa se paga un millón de euros cada ano.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recordan que en 2014 o IBI ascendía a 667.000€ e na pasada Xunta de Goberno Local do concello de Ribadavia do pasado 6 de xullo de 2020, o padrón para este ano ascende a 1.016.000€.

O BNG pregunta ó goberno local se estaba en coñecemento de que esta suba se ía a producir e, se fose así, cal é a xustificación da mesma ou se pensan tomar medida algunha.