Comunicado de Espazo Común

IES CHAMOSO LAMAS

As súas declaracións afirmando que se á oposición non lle gustan as decisións do goberno “que se rasquen” arrastran polo fango a imaxe do Concello ao que representa.

O calificativo máis suave que se lle pode aplicar ás nefastas declaracións realizadas nun medio de comunicación polo tenente de alcalde do Carballiño, señor Dacal, é o de intolerables.

HIPER MASIDE

No contexto dunha entrevista e unha vez preguntado sobre o desvío de fondos das partidas orzamentarias municipais de emprego para financiar festexos e salarios de concelleiros, a súa resposta para xustificar o inxustificable, foi que que as festas crean emprego; despois mentir sobre a orixe dos fondos e; por último, engadir un exabrupto impropio dunha persoa que ostenta un cargo da responsabilidade do seu e polo que ademáis é o concelleiro mellor pagado do Concello.

“Se á oposción non lle gusta, pois que se rasque” foi o zafio argumento esgrimido e que aínda tivo a desfachatez de repetir para que quedara claro o nulo respecto que ten polo que representan os demáis partidos que formamos parte da corporación municipal.

Consideramos que esta actitude é absolutamente inadmisible e deixa en moi mal lugar ao goberno ao que este señor representa, que é o de tódolos carballiñeses e carballiñesas, e non só o duns poucos.

É moi urxente que o alcalde Fumega faga algo por cambiar a preocupante deriva da que é máximo culpable e que nun asunto desta gravidade saia urxentemente a aclarar se comparte as afirmacións feitas polo seu segundo, como xa fixo no pleno no que Espazo Común denunciou esta barbaridade.

En caso contrario, corre o risco de que a súa maioría absoluta remate convertida nunha maioría absurda.

É necesario que o rexedor rectifique porque se segue a defender que as festas son máis importantes ca o emprego e se tamén considera que a oposición non pode discrepar, opinar ou propor e tén que limitarse a “rascala” o futuro que se lle presenta a este pobo é máis ben escuro.

Por coherencia e sensatez, demándamoslle ao grupo de goberno que se deixen de declaracións tabernarias e que tenten elevar un chisco a talla política do debate que boa falla fai no Carballiño.