Morre Kirk Douglas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A lenda do cinema, protagonista de ‘Espartaco’ e ‘Senderos de Gloria’, morreu este mércores en Los Ángeles tal e como confirmou o seu fillo, o tamén actor Michael Douglas

Issur Danielovich Demsky, coñecido como Kirk Douglas (Amsterdam, Nova York o 9 de decembro de 1916 – Beverly Hills, California o 5 de febreiro de 2020) foi un actor e produtor de cine estadounidense de orixe xudeu belaruso. Foi o pai do actor e produtor Michael Douglas.

Os seus pais eran xudeus belarusos e o seu nome orixinal, Issur Danielovich Demsky. Dende cativo destacou nos deportes e nas lides actorais. Graduouse en Letras na Universidade de St. Lawrence. Logo de se graduar marchou a Nova York, onde conseguiu unha bolsa na Academia Americana de Arte Dramática, onde permaneceu ata 1939, con 23 anos.

En 1941, ingresa grazas a Lauren Bacall en Broadway, pero logo é chamado ó servizo militar na mariña, que cumpre en 1942 e 1943, para logo regresar a Broadway. En 1946, ós 30 anos e xa cunha certa fama colleitada en Broadway, Lewis Milestone propono como primeiro actor no filme The Strange Love of Martha Ivers, onde se revela como un actor de carácter.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

En 1949, interpreta un boxeador en Champion de Mark Robson onde pola súa realista interpretación é proposto para ser recoñecido como Mellor Actor na Academia. Foi proposto en tres ocasións para un Óscar da Academia aínda que nunca o gañou. Porén foi galardoado en 1996 cun oscar honorífico pola súa dilatada carreira de 76 filmes.

Máis información en : https://gl.wikipedia.org/wiki/Kirk_Douglas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------