Necesarios túneles peonís

REQUIRIMENTO PARA QUE SE FAGAN TÚNELES PEONÍS NA PONTE FERROVIARIA DA RÚA DO IRIXO E NA DO CAMIÑO CORZOS.

COMUNICADO DE PODEMOS

Ano tras ano véñense facendo obras coa finalidade de mellorar a accesibilidade as veciñ@s do Carballiño. Pero as melloras nas rúas non só se teñen que acometer con ese fin. Teñen que primar outros factores como a equidade social aproximando a sociedade rural a urbana intentando cambiar a tendencia da evolución da poboación nos últimos anos, reducir os custos do transporte cando se trata de vías de gran recorrido, buscar un desenrolo amónico do territorio, mellorar a calidade de vida da veciñanza, facer unha boa xestión e organización dosrecursos, etc.

AVANTAR ACTIVIDADES

Lamentablemente moitas veces esas obras só afectan a rúas céntricas ou que quedaron pendente de proxectos anteriores non rematados. E o Concello do Carballiño está na obriga de atender as demandas e as necesidades da xente sen que haxa preferencias. E no caso de melloras e acondicionamento de rúas tense que rexer por ese valor de equidade e necesidade.

E en algunhas rúas da nosa vila non se dan as condicións mínimas de desenrolo e mesmo de seguridade para o uso de toda a veciñanza.

Son moit@s @s veciñ@s da contorna que para achegarse ata o centro urbano do Carballiño teñen que pasar pola rúa do Irixo, expóndose innecesariamente a sufrir un accidente debido a escasa anchura da vía ao pasar por debaixo da ponte.

É pois unha proposta que se debería cubrir, xa non só pola imperiosa necesidade de ter un paso peonil en condicións, senón que tamén para garantir a seguridade das transeúntes que fan ese percorrido.

Esta situación tamén acontece na ponte que pasa polo Camiño Corzos. Pese a que esta rúa é de titularidade do veciño concello de Maside, é concorrida por veciños e veciñas da nosa vila para acceder as vivendas situadas en Corzos e ao centro deportivo do mesmo.

Polo exposto, dende o Círculo de Podemos no Carballiño SOLICITAMOS:

1. Que o Concello de O Carballiño propoña a ADIF a construción de un túnel peonil na ponte ferroviaria que atravesa a Rúa do Irixo e que se acondicione dita rúa dotándoa de beirarrúas en ditos tramos para o acceso ao túnel;

2. Que o grupo de goberno do Concello de O Carballiño se dirixa ao Concello de Maside para que dende dito Concello fagan a mesma proposta a ADIF con

respecto á ponte ferroviaria que atravesa o Camiño Corzos e se dote de

beirarrúas dito camiño.