Visita al Monasterio Chu Sup Tsang

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O GRUPO DE GOBERNO DE SAN AMARO VISITA AS INSTALACIÓNS DO MONASTERIO CHU SUP TSANG

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde, Rubén Gómez, xunto con membros do Grupo de Goberno, visitaron este domingo o Monasterio Chu Sup Tsang en Ventoselo
Dende o Grupo de Goberno de San Amaro agradecen a excelente acollida que tiveron durante a visita realizada ás instalacións, onde coñeceron en primeira persoa ó Venerable Gueshe Tenzing Tamding, polo que foron recibidos cunha calurosa benvida.
O alcalde e os concelleiros, dirixidos polos propios monxes, coñeceron os terreos onde se vai construir un templo formal para 500 persoas, unha biblioteca con colección de textos de todas as relixións e filosofías, unha Gompa (sala de meditación), unha estupa (edificio adicado ó culto), salas de reitro e dormitorios.
O alcalde, o socialista Rubén Gómez, salienta que “é o proxecto de máis envergadura realizado no soso Concello, cun investimento de máis de 1,5 millóns de Euros. San Amaro é xa un referente por contar con este Monasterio Chu Sup Tsang – Universidade Budista, un dos máis importantes de España e de Europa, e esta inversión será un novo revulsivo para atraer visitantes ó noso Concello”.