A Feira do Viño do Ribeiro convoca aos participantes da vindeira edición

IES CHAMOSO LAMAS

ÁBRESE O PRAZO PARA PARTICIPAR NA 57ª EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 57ª edición, terá lugar os vindeiros días 1, 2 e 3 de maio de 2020, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), convocou unha reunión para as adegas e colleiteiros da D. O. Ribeiro.

HIPER MASIDE

Na reunión, na que tomaron parte arredor dunha vintena de adegas e colleiteiros, informouse das actividades e novidades do próximo evento, así como da apertura o proceso de inscrición.

Os interesados en participar terán de prazo para anotarse ata as 14.30 h do martes día 11 de febreiro de 2020, data improrrogable.

Poderanse anotar de forma presencial no Concello de Ribadavia, ou mediante o correo electrónico (ivan.aedl@ribadavia.es) ou no teléfono 988477100.