O próximo 7 de marzo terá lugar as 19:30 h no Hotel Meliá Castilla na Calle del Poeta Joan Maragall, 43.e Madrid o Quincuaxésimo terceiro Capítulo Xeral da moi Enxebre Orde da Vieira

A súa orixe remóntase ao verán de 1967, con motivo do encontro, na praia de Panxón (Vigo), organizado por un grupo de galegos residentes en Madrid, cualificados por “ Borobo” como “ Madrigallegos”.
A finalidade inicial da Orde foi axuntar aos galegos afincados en Madrid para interrelacionalos, “exercer sempre como galegos…” e apoiar todo o relacionado con Galicia.
Pretendíase abrir un foro de encontro, o máis amplo posible, sen limitacións ideolóxicas de ningún tipo, para potenciar o noso orgullo de ser galegos (tan depauperado noutros tempos) e solidarizarnos coa nosa terra, enarborando a bandeira da galeguidade

clic na imaxe