Comeza o entroido 2020

A festa vaqueira deste venres abre un intenso programa de entroido na fin de semana ata o mércores de ceniza.

Comeza este venres, 21 de febreiro, o intenso programa de actividades e animación de rúa previsto para esta fin de semana no Carballiño, e que se prolongará ata o mércores, con motivo do Entroido 2020.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na noite do venres, a partir das 23,00 horas, nos locais hostaleiros da vila, Festa Vaqueira.

O sábado, xornada dedicada ao entroido infantil, con obradoiro de máscaras e Festa-Concurso Infantil de Disfraces coa animación do DJ Tibu. Pasarrúas coa Batukada Percucar, e verbena a cargo da orquestra-espectáulo Gran Parada.





O domingo, exhibición de entroido pola Escola Municipal de Danza e as tradicionais coplas de entroido de Os Liborianos.

O luns celebrarase unha nova edición da Ruta dos Mil, un concurso de peñas con grandes premios, organizado polos locais hostaleiros da vila, e animación de rúa coas charangas Doctor Anchoa, Ardores e CLK..

O martes, Gran Desfile-Concurso de Comparsas, animación de rúa con Feitizo do Pau e exhibición da Escola Municipal de Danza. E pola tarde-noite, verbena a cargo da orquestra-espectáculo La OcaBand. E o mércores, Enterro da Sardiña, a cargo de Aspadisi con animación da charanga Castro Vello e chocolatada.