Iniciativa pionera do grupo “The Impossiblues”

O Grupo de rock “THE IMPOSSIBLUES” impulsa un novo concepto de contratación para os concertos da súa xira “361º TOUR”

O grupo rock “The Impossiblues” presentou hoxe unha iniciativa novedosa no campo da música para intentar pechar contratos con salas de concertos e festivais, co obxectivo de completar a súa xira “361º TOUR”, que comezou xa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta iniciativa diuse a coñecer hoxe nun acto ao que asistiron o alcalde de Maside, Manuel Cadavid, e o teniente alcalde do concello do Carballiño, Manuel Dacal, así como os integrantes do grupo Víctor Cerviño e Xavi González, guitarra solista e baixista, respectivamente.

Trátase dun crowdfunding “directo”, dirixido a salas de concertos, festivais, promotores de eventos musicais, mánagers, etc…, tanto de Galicia como en toda España, e incluso a nivel internacional, co obxectivo de conseguir apoios para poder actuar en directo e cubrir os gastos de desprazamento, e incluso poder obter algunha ganancia para reinvertir no equipo de son e instrumentos.

Tanto Víctor Cerviño como Xavier González aseguraron que é unha iniciativa pioneira  no campo da música, e que esperan pechar un número importante de concertos para completar esta xira que comezou o 8 de decembro en Ribadavia e que continuará o 7 de marzo en Sarria.

Ao respecto, tanto o concello de Maside como o do Carballiño ofrecéronse para incluir dúas datas desta xira nos seus respectivos municipios.

Víctor Cerviño agradeceu esta colaboración, e dixo que a iniciativa pode ser un revulsivo para obter contratos, e que de feito xa están mantendo contactos para dar concertos e participar en festivais.

Xavier González asegurou que non se trata de gañar diñeiro, senón de reducir e cubrir gastos e, se se pode, obter algúns beneficios para mellorar o equipamento do grupo, que definiu como un grupo de rock con certo aire de blues. Aclarou ao respecto que non é un grupo de versións, ainda que fan un par delas en cada concerto, senón de temas propios, e que o seu é actuar en directo.

Esta campaña, que están difundindo a través da páxina web, do Facebook e Instagram do grupo, conta cun cartel de promoción no que se explica esta iniciativa e o xeito de contactar co grupo.

Manuel Dacal felicitou ao grupo e amosou o apoio do concello do Carballiño, desexando que esta campaña sexa un éxito.

Manuel Cadaviz dixo que lle parecía unha iniciativa moi creativa, e que desexaba que fose exitosa.

O grupo The Impossiblues está formado por catro componentes: Víctor Cerviño, guitarra solista; Xavi González, baixo; Xan Pérez, cantante e gruitarra rítmica, e Antonio García, batería. Son do Carballiño, Maside e Leiro, e ensaian na escola antiga de Maside. Comezaron a súa andaina hai máis de dous anos, e coa xira “361º TOUR” esperan realizar un número importante de actuacións en locais e festivais, dándose a coñecer no difícil mundo da música rock.