O Centro Galego de Valencia celebra o Día de Rosalía de Castro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Terceira edición do Día de Rosalía de Castro no Centro Galego de Valencia

O Centro Galego de Valencia informa de que desde 2018, levan celebrando anualmente no mes de febreiro o Día de Rosalía de Castro, coincidindo co aniversario do nacemento da nosa escritora galaica máis universal. O acto terá lugar o venres 28 de febreiro ás 18:30 h na aula Magna do Centro Cultural A Nau da Universitat de València.

Con esta nova conmemoración de tan sinalada efeméride, o Centro Galego de Valencia pretende consolidar o dobre obxectivo que se marcou en 2018: por unha banda, homenaxear á insigne Rosalía, figura senlleira das letras galegas, e, por outro, institucionalizar este evento con carácter anual para, nunha clara chiscadela ao feminismo reivindicar, a través de cada unha das súas sucesivas edicións, non só a figura rosaliana, senón tamén a doutras galegas ilustres que, ao longo da historia, xogaron un importante papel no campo das ciencias, das artes, das letras, do pensamento ou das nosas tradicións.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este ano, pretendemos descubrirlle ao público o personaxe histórico de María Soliña para, a partir da súa vida e da súa acusación de bruxa por parte da Inquisición, penetrarnos no mito e remontarnos á figura tradicional da meiga, paradigma, sen ningunha dúbida, da Galicia máxica e lendaria inmortalizada por autores como Ramón María del Valle-Inclán, Camilo José Cela ou a propia Rosalía de Castro. É por iso que a presente edición do Día de Rosalía titulámola María Soliña, muller e mito. A meiga na tradición galega oral e escrita. Esta homenaxe pretende ser un preámbulo á celebración do Día da Muller, o 8 de Marzo.

Programa completo do evento, que constará das seguintes partes:

 Inauguración e discursos institucionais
 Intervención do grupo de gaitas do Centro Galego de Valencia
 Charla dramatizada sobre María Soliña
 Recital musical a cargo de Lucía Pérez (cantante galega e representante de España en Eurovisión 2011)
 Viño de honra amenizado polo grupo de gaitas do Centro Galego de Valencia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------