O Psdeg Psoe denuncia o deilexo do PP e DO nas obras da Praza de Abastos


Juana Ageitos, denuncia a “indiferenza da concelleira de Comercio, María Dibuja, que non soamente non se preocupou dos “okupas” senón que tampouco foi quen de reubicar aos feirantes e aos comerciantes do rianxo para os días de feira.
Os socialistas solicitan que se convoque a comisión de seguimento das obras para por en coñecemento dos praceiros e de tódolos grupos políticos os avances que se están levando a cabo
O grupo socialista do Concello de Ourense cualifica de “inaceptable a pasividade e o desleixo” do grupo de goberno ante o comezo das obras da Praza de Abastos número 1 de Ourense, unha das obras máis importantes que se están levando a cabo na cidade, sen solucionar primeiro a problemática da okupación que existe en diferentes postos da zona do rianxo. Un desleixo que non fai máis que refrendar o pouco interese que existe en que se leve a cabo unha reforma que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, asegurou “non ver clara”.
A concelleira socialista, Juana Ageitos, denuncia que se deu comezo as obras sen contar “en ningún momento cos praceiros” e “sen solucionar os problemas de seguridade que existen na zona do rianxo” ante a ocupación de varios postos que estaban pechados. Esta é unha cuestión que se ven dando dende hai meses e que “produce inseguridade” non soamente entre os praceiros do rianxo, senón tamén na cidadanía polas regueifas que se veñen manifestando, aseguran os socialistas. Ageitos amosa tamén a súa “preocupación pola pasividade do goberno” tanto dende DO como o Partido Popular, xa que nada se fixo por parte das concelleiras implicadas – Seguridade Cidadá e Benestar Social- para que se lles dese unha solución e se desaloxasen a esas persoas antes de dar comezo ás obras pese a que se lles advertiu en varias ocasións solicitando que se tomasen as medidas oportunas ao respecto.
Os socialistas defenden a importancia das obras de reforma da Plaza nº1 e coas que o partido socialista estivo comprometido dende o inicio defendendo a consecución da subvención con cargo ao 1.5% cultural para o BIC. Por iso, dende o seo socialista rexeitan a “indiferenza e ineptitude total da concelleira de Comercio e Seguridade Cidadá, María Dibuja, que non soamente non se preocupou dos “okupas” senón que tampouco foi quen de reubicar aos feirantes e aos comerciantes do rianxo para os días de feira. Un feito que
“xenera gran preocupación entre os praceiros” dado que en ningún momento se lles informou das avances das obras, aseguran os socialistas.
Por outra banda, a concelleira, négase a convocar a comisión de seguimento das obras da Praza, tal e como xa lle solicitaron os socialistas en diferentes Xuntas de Área para por en coñecemento de tódolos grupos implicados como se están a desenvolver as obras.