Encontro sectorial dos candidatos populares cos profesionais ourensáns do taxi

Nun acto organizado polo Partido Popular de Ourense, os candidatos ás eleccións galegas Marisol Díaz, Marta Novoa, Noelia Pérez e Gabriel Alén, acompañados pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron un encontro cos profesionais da Asociación Empresarial Provincial de Autotaxis e Autoturismos de Ourense, no que tamén estivo o presidente da xunta local do PP da cidade, Jesús Vázquez.

Neste encontro sectorial, os profesionais do taxi expuxeron as súas principais demandas e inquedanzas con respecto ao seu sector, así como no ámbito das infraestruturas, esenciais para o axeitado desenvolvemento do seu labor.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta liña, os representantes populares repasaron algunhas das iniciativas desenvolvidas na capital pola Xunta, como os proxectos de mellora vial realizados en Seixalbo, a reforma da avenida Otero Pedrayo ou o enlace que se está a construír coa A-52 para conectar co polígono de San Cibrao.

Ethel Vázquez tamén se referiu a outras medidas normativas como a Lei do Taxi de Galicia, a protección deste sector fronte ás VTC, cun acordo que evita os conflitos rexistrados noutras comunidades, a flexibilización de tarifas ou as axudas á compra de vehículos adaptados a mobilidade e taxis eléctricos ou pouco contaminantes.