O cine club remata o mes de outubro co filme “Solo las bestias”

O Cine Club do Carballiño pecha este mes de outubro ca proxección dunha produción francesa, o thriller “Solo las bestias”, dirixida por Dominik Moll, no que a partir da desaparición dunha muller constrúe un puzle de personaxes magnificamente interpretados polo elenco de actores que consigue manter a intriga ata o final. Os pases serán o venres día 29 no auditorio municipal Manuel María, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.