Presentación da obra gañadora do XXXVIII Premio Blanco Amor de novela longa

Presentación da novela gañadora do Premio "Blanco Amor" 2019.- Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación da novela gañadora do Premio "Eduardo Blanco Amor" de novela longa 2019, Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión; do escritor e director da Fundación Eduardo Blanco Amor, Luis González Tosar; e do autor da novela gañadora, Xesús Fraga.

Manuel Baltar felicitou ao autor por ter creado esta obra “que centra a súa temática no mundo da emigración, un tema tan importante en Galicia”, e sinalou que aínda que este premio “da prestixio aos premiados, neste caso, Xesús Fraga engrandece este certame coa súa traxectoria xornalística e a súa capacidade literaria

Xesús Fraga agradeceu o premio e dixo sentirse “moi reconfortado, porque lle dediquei moitos anos á escrita deste libro, que conta unha historia familiar; case é unha novela sen ficción”

Presentación da novela gañadora do Premio “Blanco Amor” 2019.- Na sala de prensa do Pazo Provincial terá lugar a presentación da novela gañadora do Premio “Eduardo Blanco Amor” de novela longa 2019, Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión; do escritor e director da Fundación Eduardo Blanco Amor, Luis González Tosar; e do autor da novela gañadora, Xesús Fraga.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo xornalista e escritor Xesús Fraga –gañador do XXXVIII premio “Blanco Amor” de novela longa-; polo presidente de editorial Galaxia, Antón Vidal Andión; e polo escritor e director da Fundación Eduardo Blanco Amor, Luis González Tosar, presentaron hoxe a obra galardoada neste certame, Virtudes (e misterios).

PUBLICIDADE ELECTORAL

Baltar felicitou ao autor por ter creado esta obra “que centra a súa temática no mundo da emigración e dos retornados, un tema tan importante en Galicia”, e sinalou que aínda que este premio “da prestixio aos premiados, neste caso, Xesús Fraga engrandece este certame coa súa traxectoria xornalística e a súa capacidade literaria, un certame que a Deputación de Ourense contribúe a pór en valor polo que significa a figura protagonista e que da nome ao premio: un xigante da nosa cultura como é Eduardo Blanco Amor”.

O presidente do goberno provincial lembrou que este ano, “no que se cumpre o 70º aniversario da editorial Galaxia, tamén se conmemora o centenario do primeiro número da revista Nós, dunha xeración que alumeou e puxo en valor como ningunha outra un pensamento político galeguista”, expresou Manuel Baltar.

Pola súa banda, Xesús Fraga agradeceu o premio e dixo sentirse “moi reconfortado, porque lle dediquei moitos anos á escrita deste libro, que conta unha historia familiar; case é unha novela sen ficción”, e cualificouno como “a novela máis importante que escribín porque o propósito era contarlle aos meus fillos de onde veñen, cales foron os seus devanceiros”, e tamén, dixo, que a obra sirva de homenaxe ao que fixeron por el as xeracións anteriores “xa que boa parte do que son llo debo aos seus esforzos, pois, como tantos outros emigrantes tiveron unha vida dura e sacrificada, pero sempre coa vista posta na mellora das condicións dos seus”.

Fraga afirma que o propósito último do libro “é darlle as grazas aos emigrantes polos sacrificios que fixeron, e que o seu relato vital non se perda, porque todas as historias de emigrantes son parecidas: cunha circunstancia dolorosa inicial; logo, unha historia de superación, e finalmente o regreso. Todas semellantes pero, á vez, cada unha diferente, porque cada emigrante vive as circunstancias de forma distinta”.

O autor puxo en valor o feito de que a Deputación de Ourense “siga adiante co seu proxecto de musealizar a emigración, un feito que pode contribuír de maneira moi importante ao coñecemento e á dignificación das persoas que emigraron”, dixo Xesús Fraga.

Por parte de editorial Galaxia, Antón Vidal Andión agradeceu á Deputación de Ourense que desde 2014 se fixese cargo do premio Blanco Amor de novela longa, “un revulsivo para a literatura galega”, e Luis González Tosar destacou o acto desta tarde, o café literario que ás 20.00 horas terá lugar no Liceo de Ourense ao redor desta obra premiada de Xesús Fraga, acto que contará coa participación do autor; de Luis González Tosar e do editor e crítico literario, César Lorenzo.

A obra Virtudes (e misterios) recrea, segundo recolle o xurado na acta, as vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas, marcada pola emigración a América e a Europa. “Trátase dunha historia asentada na realidade da segunda metade do século XX, ben vertebrada e contada a través dun variado mosaico de lembranzas, sensacións, testemuñas, fotografías e o diario dunha nai”, segundo recolleu o xurado na súa acta, remarcando que o epicentro narrativo da obra “sitúase nun Londres percorrido polas pegadas familiares e as do colectivo galego emigrante”, sinalando que como contrapunto está Venezuela, “a través do avó ausente, do que pouco ou nada se sabe ata o final”.

Xesús Fraga, nado en Londres e residente en Betanzos, é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Salamanca, e traballa como redactor na sección de Cultura de La Voz de Galicia, contando cunha ampla traxectoria no ámbito literario.

En 2014, cando se cumpriron trinta e cinco anos do pasamento de Blanco Amor, a Deputación de Ourense asumiu o compromiso de exaltar a figura deste autor, entre outras accións, coa organización deste premio literario e a creación dunha fundación co nome do escritor, para a difusión e valorización da súa obra.