A presión hospitalaria en Ourense preocupa, con 18 pacientes na UCI

Nas últimas 24 horas rexistráronse 84 casos activos novos na comunidade galega de SARS-CoV-2, facendo que os datos totais pasen ós 9.376, unha cifra que non se alcanzou na primeira ola de marzo, xa que nunca se superaran os 7.000 casos activos. Hoxe hai 79 (+2) persoas na UCI e 944 (+21) falecementos.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras os contaxios descenderon nesta xornada, pasando dos 87 de onte ós 38 positivos novos. O total de casos activos descende en 27 con respecto á xornada anterior, quedando nos 1.272. O punto negativo son os hospitais, onde se produxo un aumento nos ingresos en UCI, que soben a 18 (+2). Os ingresados en planta mantéñense estables, con 80 ingresados.

AVANTAR ACTIVIDADES