Espazo Común: ” Hai que Aprazar as Eleccións Xa, pero con Garantías Democráticas “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

AUDIO de FRAN FRAGA

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

PRIMEIRO. Ante a situación de “pandemia mundial” decretada pola Organización Mundial da Saúde, e as medidas extraordinarias que o Goberno e as comunidades autónomas están a tomar, queremos manifestar desde a coalición Recortes Cero – Espazo Común – Os Verdes todo o noso apoio ás medidas de contención que se están tomando.

SEGUNDO. Fronte ao Covid-19 e unha emerxencia sanitaria como esta, debe prevalecer a unidade e a solidariedade, poñendo sempre por diante os criterios científicos e técnicos. Todos os sectores da sociedade debemos estar unidos para afrontar unha situación tan difícil.

TERCEIRO. Manifestar o noso apoio ao sistema sanitario público e a todos os seus profesionais, que está a demostrar profesionalidade, valor, e unha dedicación incalculable, tendo en conta a situación na que nos atopamos.

CUARTO. Consideramos que o correcto neste momento é o APRAZAMENTO INMEDIATO das eleccións previstas para o 5 de abril. Todas as decisións que se tomen agora deben ser atendendo, como criterio fundamental, á saúde e a vida das persoas e non a ningún outro criterio. A realización da campaña electoral e da mesma xornada de votación é un risco que non se debe correr.

QUINTO. Calquera suspensión ou aprazamento a de facerse protexendo o dereito democrático dos cidadáns e as cidadás para ter acceso ás propostas de TODAS as candidaturas que se presentan ás eleccións, en condicións equitativas e respectuosas co pluralismo político. Unha suspensión electoral non pode abrir un período amplo, quizais de meses, no que un pequeno número de forzas monopolicen a atención coa súa presenza os medios públicos e privados.
Esta é unha condición que dá natureza democrática ao proceso electoral, sexa cal for a data de aprazamento.