O Psdeg-Psoe de Ourense denuncia “Ameazas e Coaccións” contra o seu Voceiro en Maceda por parte do entorno da Voceira de Espazo Común

xabier, oviedo, voceiro do psoe en maceda

AVANTAR ACTIVIDADES

 O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia un episodio que consideran “inadmisible en democracia”, como o que lle aconteceu o voceiro socialista en Maceda, Xabier Oviedo, que recibiu a tarde do mércores, despois de que esa mesma mañá se celebrase un pleno no Concello, ameazas e coaccións por parte dunha persoa do entorno familiar da voceira e concelleira de Espazo Común na vila, Ana María Fernández.

O voceiro socialista na vila, Xabier Oviedo, amosábase “perplexo e preocupado” ante a situación que viviu o pasado mércores pola tarde cando se dispuña a cruzar un paso de peóns en Maceda, momento no que segundo conta “un vehículo frea e eu penso que é para deixarme pasar, pero cal é a miña sorpresa cando o condutor, familiar da voceira de Espazo Común, me cruza o coche, baixa a ventá, e me di que “a próxima vez que volva a ter queixas dela (en referencia á voceira de Espazo Común), imos a ter problemas ti e eu” e posteriormente márchase”. Uns feitos que segundo explica o socialista macedán “me deixaron perplexo nese momento”, xa que os considera “unha ameaza en toda regra” e afirma que “levo moitos anos como concelleiro e ata sendo alcalde, e nunca recibín, nin tiven constancia que outros concelleiros recibisen este tipo de ameazas”.

Dende o seno do PSdeG-PSOE “non dan creto” ante unha situación que consideran “inadmisible” en pleno século XXI e que “atenta contra os dereitos democráticos e a liberdade de expresión” do voceiro socialista en Maceda, Xabier Oviedo. Os socialistas ourensáns condenan os feitos e afirman que “tomarán as medidas legais que sexan necesarias” para evitar que unha situación de “ameazas e coaccións” volva repetirse “en Maceda ou en calquera outro punto da provincia de Ourense”.

A mesma mañá dos feitos, no Concello de Maceda celebrouse o pleno para a aprobación dos orzamentos en Maceda, no que tal e como conta Oviedo “houbo moitas discrepancias e reproches por uns orzamentos que consideramos negativos para Maceda, xa que aumentan a débeda do municipio” e tiveron como protagonistas o voceiro socialista e a voceira de Espazo Común, Ana María Rodríguez. Trala tensión do pleno e xa pola tarde, aconteceron os feitos que narra o voceiro do PSdeG-PSOE na vila macedá, cando a persoa o familiar desta concelleira de Espazo Común, que menciona Xabier Oviedo, o ameazou na rúa.